Son Xosé Ramón Laia, zapateiro artesán.
A miña formación é eminentemente autodidacta, complementandoa con variedade de cursos especializados no oficio.
Cos anos fomos adquirindo un estilo que nos define.
Ademáis da exposición e venda no noso taller, tamén acudimos a feiras de artesanía como poden ser: Mostrart, O feito a man, San Froilán, Feiras de Artesanía de Segovia, Salamanca, Zaragoza…
O obradoiro artesán está recoñecido pola Xunta de Galicia co rexistro nº 279 e a carta de artesán nº 211