previous arrow
next arrow
Slider

Laia Zapateiros é un taller fundado no 1986, situado en Melide, no cerne de Galiza

Adicámonos á fabricación artesanal de calzado e complementos en coiro

Calidade

A calidade das nosas pezas, baséase na selección dos mellores materiais e no proceso de fabricación artesanal.

Os materiais están engrasados con graxas naturais e rematados dándolle un acabado con aceite de oliva.

Os materiais

Utilizamos os mellores coiros e materiais naturais,de curtición vexetal, curtidos con codias de árbore de maneira artesanal.

Neles pódense apreciar pequenas imperfeccións naturais, xa que é un material 100% natural. Máis, isto aporta aínda maior singularidade á peza.

Non hai dúas iguais.

O noso calzado

Realizamos un tipo de cosido (empalmillado) que garante a súa flexibilidade e resistencia no tempo.

Facendoo así un calzado idóneo para un perfecto coidado da comodidade e a saúde do pé. 

Estamos na Praza do Convento de Melide.

Dispoñemos de taller – tenda onde presentamos un selecto stock de pezas rematadas, con numeracións completas e a disposición do cliente ademáis das encargas.

 

Tamén temos cintos de varios anchos e cores, bolsos, mochilas, carpetas, axendas, billeteiras, moedeiros, chaveiros…

Tamén podes mercar calzado e cinturóns artesanais na nosa tenda en liña