Sobre nós

O OBRADOIRO

Obradoiro Laia Zapateiros

Adicámonos á fabricación artesá e reparación de calzado.

A utilización dos mellores coiros e materias naturais, tratados dun xeito artesanal e utlizando un tipo de cosido (empalmillado) que garantiza a súa flexibilidade e resistencia no tempo, resultando moi axeitados para un perfecto cuidado en cuestión moi importantes como a comodidade e a saúde do pé.

En Laia traballamos por encarga, atendendo de xeito personalizado á clientela, tomando medidas e adaptando a confección ás necesidades do pé. Traballamos con anchos especiais.

Á calidade do material; brando e de total transpiración, súmase a confección con formas anatómicas moi cómodas e axeitadas ao bo tratamento do pé.

  • Produtos de alta calidade
  • O mellor servizo ao cliente
  • Facemos traballos por encarga

Instalacións

Obradoiro Laia Zapateiros

Atopámonos na Praza do Convento de Melide.

Contamos cun obradoiro de fabricación e arranxo de todo tipo de calzado, tenda - exposición de artesanía do coiro e exposición didáctica do oficio de zapateiro.

Tamén presentamos na nosa tenda física un selecto stock de pezas rematadas, coa numeración completa e á disposición da clientela.

O artesán

Obradoiro Laia Zapateiros

Xosé Ramón Laia traballa o coiro dende tempos novos.

A súa formación é eminentemente autodidacta, pois a destreza coa que hoxe confecciona un zapato débese á dedicación, perfeccionismo e práctica ao longo dos anos.

Laia adica a maior parte do seu tempo ó traballo no taller pero teima en deixar tamén espazo e tempo á docencia, impartindo cursos e obradoiros. 

Posúe a carta de artesán e a cualificación de Taller Artesanal rexistrado na Xunta de Galicia (Nº 279) dende o ano 1994.

Traballan con el no taller na produción e a reparación os seus irmáns Toño e Miguel.